A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria celebrada o día 2 de decembro de 2008, acordou aprobar as bases específicas para a concesión de subvencións para actividades culturais e deportivas desenvolvidas no ano 2008. O importe total das axudas é de 10.000,00 € para actividades culturais e de 7.000,00 € para actividades deportivas. O prazo de presentación de solicitudes será de 40 días contados a partires do seguinte da publicación das bases no BOP. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 28 de xaneiro de 2009.
A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria celebrada o día 2 de decembro de 2008, acordou aprobar a oferta pública de emprego do persoal deste Concello para o ano 2008 que comprende todos os postos de novo acceso vacantes que figuran na plantilla do orzamento xeral do Concello en vigor.
Podedes atopar a información na descarga asociada.
Xa podedes consultar os resultados da segunda xornada da liga local encabezando a clasificación o equipo Carnicería García.
Na descarga asociada atoparedes toda a clasificación.
- Aprobación, se procede, do expediente de modificación de créditos núm. 1 do orzamento xeral do Concello para o exercicio de 2008. Foi aprobado pola maioría de seis votos a favor (grupos municipais socialista e Independentes de Rodeiro), un en contra (grupo municipal mixto) e catro abstencións (grupo municipal do Partido Popular).
O Sr. alcalde asinou no día de hoxe a convocatoria de sesión extraordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro sábado día 22 de novembro de 2008, ás 12 horas da mañá, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte :
O vindeiro martes 18 de novembro ás 22:00 dará comezo a liga local de fútbol sala no Pavillón deportivo municipal.
Na descarga asociada atópase o calendario da liga.
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dictou con data 30 de outubro do corrente unha resolución pola que autoriza a desafectación de oito das dezaseis vivendas actualmente existentes e dedicadas a casa-habitación dos mestres do CPI de Rodeiro. As vivendas desafectadas son as sinaladas cos números 14, 16, 18, 20, 22, 24, 26 e 28, con fronte á rúa B de Rodeiro. A desafectación realízase a petición do Concello, quen a solicitou por acordo do Pleno de data 28 de decembro de 2004, acordo que foi reiterado na sesión de data 31 de agosto de 2007.
- Aprobación dos borradores das actas das sesións anteriores.- Aprobáronse por unanimidade.
- Acordo sobre a procedencia, no seu caso, da cancelación e devolución do aval presentado pola empresa Enerfín S.A. como garantía da reposición de pavimentos e servizos urbanísticos que puideran resultar afectados por mor das obras dos parques eólicos.- Aprobouse pola maioría de cinco votos a favor (grupo municipal do Partido Popular e Sr. alcalde co seu voto de calidade) e cinco en contra (grupos municipais socialista e mixto).
- Moción do grupo municipal do Partido Popular relativa á adopción de medidas de aforro e austeridade no gasto público nas Corporacións Locais.- Aprobouse por unanimidade.
- Moción do grupo municipal do Partido Popular relativa á entrada en vigor da Lei 9/2008, do 28 de xullo, de medidas tributarias sobre sucesións e doazóns.- Rexeitouse pola maioría de sete votos en contra (grupos municipais socialista, Independentes de Rodeiro e mixto) e catro votos a favor (grupo municipal do Partido Popular).
- Moción do grupo municipal do Partido Popular relativa á reforma urxente da financiación municipal.- Rexeitouse pola maioría de seis votos en contra (grupos municipais socialista e Independentes de Rodeiro), catro votos a favor (grupo municipal do Partido Popular) e unha abstención (grupo municipal mixto).
- Moción conxunta dos grupos municipais do Partido Popular e mixto relativa á organización das finanzas municipais.- Aprobouse por unanimidade, con modificacións.
- Moción do grupo municipal mixto sobre o arranxo do camiño do “Chivadeiro”.- Aprobouse por unanimidade.
O Sr. alcalde asinou no día de hoxe a convocatoria da sesión ordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro venres día 31 de outubro de 2008, ás 12 horas da mañá, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte Orde do Día :
- Proposta de designación de festas de carácter local para o ano 2009.- Aprobouse por unanimidade propoñer como festas de carácter local para o ano 2009 os días 24 de febreiro (martes de Entroido) e 8 de setembro (Nosa Señora do Faro).
- Aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos por facturas adebedadas correspondentes aos exercicios orzamentarios de 2006 e 2007.- Aprobouse pola maioría de sete votos a favor (grupos municipais socialista, Independentes de Rodeiro e mixto) e catro abstencións (grupo municipal do Partido Popular).
O Sr. alcalde asinou no día de hoxe a convocatoria de sesión extraordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro venres día 24 de outubro de 2008, ás 13 horas da mañá, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte :
O Concello de Rodeiro, a través do programa Concellos Saudables, organiza unha xornada sobre alimentación saudable, baixo o título de Come san para vivir mellor. Esta xornada irase celebrando tamén polas parroquias, pero nesta ocasión son invitados a asistir todos os veciños do noso Concello.
A charla será impartida polos membros da unidade de concellos saudables Rodeiro-Lalín, a nutricionista Vanesa Taboada Santiso e a directora do PAC de Lalín Pilar López Carrón. Trataranse temas como dietas equilibradas, creación de hábitos saudables para conseguir unha mellor saúde e benestar físico.
Invitamos a tódolos veciños á xornada informativa que terá lugar na Casa da Cultura o vindeiro venres 24 de outubro ás 18:00.
O Concello de Rodeiro e a Deputación Provincial de Pontevedra organizan a presentación do libro “Rodeiro: unha terra con historia”.
A presentación do libro terá lugar no auditorio do Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” de Rodeiro o vindeiro mércores día 22 de outubro ás 20:30 horas.
O libro consta de diversos artigos sobre temas variados: historia, xeografía, patrimonio, lendas, población, economía, ensino…
O Concello de Rodeiro organiza unha XORNADA para ver as posibilidades da instalación dunha planta de biomasa en Rodeiro. Esta xornada será informada pola empresa Ecología de la Biomasa, S. L. (ECOBI), con sede en Chantada.
Invitamos a tódolos veciños á xornada informativa que terá lugar no teleclub de Guillar o mércores 22 ás 20:30.
O Concello de Rodeiro, a través do Programa Concellos Saudables, organiza unha "Xornada sobre alimentación saudable", baixo o título de Recreos con froitas. Esta xornada celebrarase o martes día 21 no Colexio Público de Rodeiro.
A charla será impartida polos membros da unidade de Concellos Saudables Rodeiro-Lalín, a nutricionista Vanesa Taboada Santiso e Carlos Vázquez Barreiros. Repartiranse froitas a 250 rapaces do colexio en horario de 12:10 a 12:30
Hoxe pola tarde de 16:30 ata ás 21:00 desprazarase a unidade mobil do Centro de Transfusión de Galicia ata Rodeiro.
Máis información en: Centro de Transfusión de Galicia
No día de hoxe inician a prestación do servizo de axuda no fogar tres novas auxiliares contratadas polo Concello que atenderán a seis veciños con valoración de gran dependencia. O servizo prestarase de luns a venres en horario de mañá e tarde, cunha media de 70 horas mensuais por beneficiario, e está financiado pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar coa cantidade de 20.000,00 €.
A entidade financeira CAJA ESPAÑA ven de publicar una nova edición da súa publicación “Datos económicos e sociais dos municipios de España”. Considerando de público interese a información que do noso Concello facilita a devandita publicación, esta pode ser descargada polos interesados na descarga asociada.
A partir desta semana, comeza a funcionar o ximnasio municipal.
Abrirá as súas portas en horario de 17:00 a 23:00.
De conformidade co previsto no artigo 13.4 da Lei Orgánica 5/1995, reguladora do Tribunal do Xurado, faise público para xeral coñecemento que a lista provisional de candidatos a xurado permanecerá exposta ao público na Secretaría do Concello entre os días 15 e 31 de outubro, ambos inclusive.
Os candidatos provisionalmente elixidos como xurados no Concello de Rodeiro son :
- Albor Cibeira, Marcelina
- Carral Dabouza, Filomena
- Diéguez García, Veneranda
- Fernández Fernández, Claudio
- García Pais, Pablo Benjamín
- Hermida Sánchez, José
- López Villanueva, Marcos
- Porto Meijomil, Victorino
- Somoza Calviño, José Manuel
- Villanueva Cibeira, Roberto
O período de vixencia dos candidatos elixidos rematará o día 31 de decembro de 2010.
A partir do dia 10 de outubro atópase a disposición de quen o desexe, no pavillón deportivo, as listas para apuntarse na liga local de fútbol sala.
O día 10 dará comezo o Outono Teatral coas actuacións do Grupo Teatral de Antas de Ulla, Teatro de Cámara Ditea e o Grupo Teatral Falcatrueiros. Rematarán o 14 de novembro.
Na descarga asociada poderedes atopar máis información sobre as obras e datas.